A danza do lagarteiro



O Lagarteiro peneireiro (Falco tinnunculus) é o máis pequeno dos falcóns sedentarios de Galicia. En retroceso nos últimos anos, os lagarteiros resisten dende a costa ata a montaña, axexando aos insectos, réptiles e pequenos roedores, as súas presas, cunha técnica de caza depurada. Sen ser exclusiva deles a estratexia de manterse pendurados do ceo, fixa a vista no solo que pode fornecer a presa, a variante de voo que empregan, lembra máis á técnica dun colibrí que ao uso do voo a contra vento polos Buxatos (no Norte así chamamos aos Miñatos ou Busardos europeos, Buteo buteo). A ese movemento reiterado das ás deben o segundo termo do seu nome galego de peneireiro, por semellar o abaneo das peneiras, os aros de madeira cunha grade metálica usadas para separar o gran de centeo ou trigo do po.
Ei queda o vo deste peneireiro nas abas do monte Caxado, o segundo monte en altura da provincia da Coruña cos seus 756 m.


Comentarios

Publicacións populares deste blog

T. Sesmero, Portlanista

Día Internacional dos Museos 2020