T. Sesmero, Portlanista
T. Sesmero, Portlanista A igrexa de Santiago, en Pontedeume (A Coruña, Galicia), amosa unha sorpresa á entrada, unhas cifras sobre formigón pulido suxire unha data, 1897, e unha placa rectangular, como tarxeta de visita, recolle “T. Sesmero, Portlanista, Vigo”. Estendendo a vista advírtese que o chan da igrexa -ampla, con intención de basílica- é totalmente de suave formigón de ton gris pardo, agás unha Cruz de Santiago, destacada ante o altar. Un imaxina a decisión, quizá insólita, tomada por alguén a finais do s.XIX para reparar o solado cunha técnica innovadora por entón. O cemento de tipo Portland, o primeiro artificial, foi o resultado de investigacións e melloras entre 1796 e 1844 en Francia, país de nacemento, e Gran Bretaña, espallándose axiña o seu uso. Así o vigués señor Sesmero, que asina “portlanista” -como podería ser canteiro ou vidreiro- aplica ao remate do s.XIX un material que, á vista está, leva resistindo uns 123 anos en moi bo estado. Honra ao portlanista! Ofi...